1. Ola

Ola, alumn@s do IES de Pobra do Caramiñal.

Neste sitio teredes toda a información sobre o que imos facer este curso ( apuntes, esquemas, presentacións, ….). Espero que se convirta nun lugar de encontro entre todos, onde podades atopar ( ou pedir ) axuda, deixar os vosos comentarios, apuntar suxerencias, todo o que vós queirades.

DEIXA A TÚA PEGADA

Só espero que xuntos, e coma Ulises no seu camiño a Ítaca,

nos fagamos un pouco máis sabios.

Cando emprendas a túa viaxe a Itaca
pide que o camiño sexa longo,
cheo de aventuras, cheo de experiencias.
Non temas aos lestrigóns nin aos ciclopes
nin ao colérico Poseidón,
seres tales xamais atoparás no teu camiño,
se o teu pensar é elevado, se selecta
é a emoción que toca o teu espírito e o teu corpo.
Nin aos lestrigóns nin aos ciclopes
nin ao salvaxe Poseidón encontrarás,
se non os levas dentro da túa alma,
se non os ergue a túa alma ante ti.

Pide que o camiño sexa longo.
Que moitas sexan as mañáns de verán
en que chegues -¡con que pracer e ledicia!-
a portos nunca vistos antes.
Detente nos emporios de Fenicia
e faite con fermosas mercadorías,
nácar e coral, ámbar e ébano
e toda sorte de perfumes sensuais,
cantos máis abundantes perfumes sensuais podas.
Vai a moitas cidades exipcias
a aprender, a aprender dos seus sabios.

Ten sempre a Itaca na túa mente.
Chegar alí é o teu destino.
Mais non apresures nunca a viaxe.
Mellor que dure moitos anos
e atracar, vello xa, na illa,
enriquecido de canto gañaches no camiño
sen aguantar a que Itaca te enriqueza.

Itaca brindouche tan fermosa viaxe.
Sen ela non emprenderas o camiño.
Pero non ten xa nada que darche.

Aínda que a atopes pobre, Itaca non te enganou.
Así, sabio como te volveches, con tanta experiencia,
entenderás xa que significan as Itacas.

Constantino Kavafis (poeta grego)

itaca

Olark Livehelp
Theme Design by Deeogee. Key West Kayaking Sedona Scenic Drives South Beach Galleries